Saltar ao contido

Estado do Amazonas, Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEstado do Amazonas, Brasil
Estado do Amazonas (pt-br) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHino do Amazonas (Brasil) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

EpónimoAmazonas Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 3°59′S 64°38′O / -3.98, -64.63
EstadoBrasil Editar o valor en Wikidata
CapitalManaus Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Alvarães (pt) Traducir
Amaturá (pt) Traducir
Anamã (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 62+
Poboación
Poboación4.001.667 (2016) Editar o valor en Wikidata (2,57 hab./km²)
Lingua usadaLingua pirahã
Lingua ticuna
Lingua desano
Lingua shiriana
Língua paumari (pt) Traducir
Lingua mundurucú
Lingua tariana
Lingua carapana
Língua culina (pt) Traducir
Lingua warekena
Língua sateré-mawé (pt) Traducir
Lingua yabaâna
Língua Katukina-Kanamari (pt) Traducir
Lingua tuyuca
Língua caxinauá (pt) Traducir
Katawixi (en) Traducir
Miriti (en) Traducir
Lingua apurinã
Língua rikbaktsa (pt) Traducir
Lingua siriano
Lingua waimajã
Lingua matsés
Lingua yurutí
Lingua cubeo
Lingua tucano
Lingua wanano
Himarimã (en) Traducir
Língua jamamadi (pt) Traducir
Língua dâw (pt) Traducir
Zuruahá (en) Traducir
Lingua hup
Língua katukina-pano (pt) Traducir
Korubo (en) Traducir
Língua caxarari (pt) Traducir
Torá (en) Traducir
Lingua macuna
Lingua marubo
Kulino (en) Traducir
Língua matis (pt) Traducir
Lingua yanomamö
Língua ianomâmi (pt) Traducir
Língua Nadëb (pt) Traducir
Língua deni (pt) Traducir
Hixkaryana (pt) Traducir
Lingua waimiri-atroari
Lingua nheengatu
Lingua kurripako
Piratapuyo (en) Traducir
Língua iuhupde (pt) Traducir
Arapáso (pt) Traducir
Dialeto tenharim (pt) Traducir
Lingua juma
Morerebi (en) Traducir
Pokangá (en) Traducir
Shanenawa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.559.167,9 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude70 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico da Neblina (2.994 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1889 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivosecretariado do governo do Amazonas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor en WikidataWilson Lima (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Legislativa do Amazonas (pt) Traducir , (Escano: 24) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico92 e 97 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2BR-AM Editar o valor en Wikidata

Páxina webamazonas.am.gov.br Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5144389

O Amazonas é un estado brasileiro localizado no oeste da rexión Norte. Ten como límites: Venezuela e Roraima ao norte; Pará ao leste, Mato Groso ao sueste, Rondônia ao sur, Acre a suroeste, o Perú a oeste e Colombia a noroeste. Ocupa unha superficie de 1 577 820,2 km2, un pouco máis grande que a Mongolia. A súa capital é a cidade de Manaus. Ademais da capital, as cidades máis importantes son: Coari, Manacapuru, Tefé, Parintins, Itacoatiara e Tabatinga.

Dende 1494 polo Tratado de Tordesillas, a rexión do actual estado do Amazonas pertencía a España. A pesar disto, a foz do Río Amazonas non foi descuberta ata febreiro de 1500 polo navegador Vicente Yáñez Pinzón, tres meses antes da viaxe de Pedro Álvares Cabral. Catro meses despois, o primo de Pinzón, Diego de Lepe, tamén alcanzou a rexión. Entre 1540 e 1542 outros españois, Gonzalo Pizarro e Francisco de Orellana, partiron de Quito no actual Ecuador e chegaron ó océano Atlántico. Estes relataron que, durante a viaxe, foron atacados por mulleres indíxenas, o que popularizou o nome Amazonas, en referencia ás mulleres guerreiras da mitoloxía grega.

Despois que ocorreu a unión das coroas portuguesa e española en 1580, os portugueses foron progresivamente ocupando a rexión. Co Tratado de Madrid de 1750 a rexión pasou definitivamente á soberanía portuguesa. A Provincia do Amazonas foi creada en 1850 polo emperador Pedro II do Brasil. Despois da proclamación da república e da adopción dunha nova Constitución para o Brasil en 1891, o Amazonas tornouse un estado.

A bandeira foi adoptada por Lei nº 1513 de 14 de xaneiro de 1982. As 25 estrelas no canto esquerdo superior representan os 25 municipios en que se dividía o estado o 4 de agosto de 1897. A estrela maior representa a capital, Manaus. As dúas franxas brancas na horizontal representan esperanza e a franxa vermella, as dificultades superadas.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A vexetación predominante no estado é a Foresta Amazónica, famosa pola súa gran biodiversidade, e que pode ser dividida en tres: foresta de terra firme, várzea (rexión de pantano de auga doce, inundada durante algúns meses) e igapó (vexetación permanentemente inundada). O clima é ecuatorial, quente e húmido, con chuvias moi intensas durante todo o ano. No estado sitúase a montaña máis alta do Brasil: o Pico da Neblina, co 2 994 metros de altitude.

Economía

[editar | editar a fonte]
A foresta Amazónica.

Máis aló da explotación vexetal (especialmente o caucho) e da agricultura (especialmente mandioca e laranxa), son tamén moi importantes para a economía do estado as industrias da Zona Franca de Manaus, principalmente de equipamentos electrónicos: televisores, DVDs etc.

Os grandes ríos, como o Amazonas, o Solimões, o Negro, o Purus e o Madeira son importantes vías de transporte no estado, pero tamén hai estradas, como a BR-174 que liga Manaus ao litoral da Venezuela, pasando polo estado brasileiro de Roraima.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]